Select Page

Prazo de solicitude da bolsa: ata o 13 de abril

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 9ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está becado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade en función de idade e destino.
  • A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán do 24 xullo ao 7 de agosto (pendente de revisión). En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestión gratuíta do billete de avión.

RECORDA!!

Prazo de solicitude da bolsa: Ata as 23.59 horas do 13 de abril de 2022 aínda que se recomenda non esperar aos últimos días para poder completar o apartado de méritos.

Requisitos: https://www.becaseurolingua.com/requisitos/

Formulario de solicitude Beca Eurolingua: https://www.becaseurolingua.com/solicitud-de-beca/