Convócanse as bolsas para o alumnado que, no curso académico 2026-2027, vaia cursar ensinanzas postobrigatorias en todo o territorio nacional: Bacharelato, Formación Profesional e estudos universitarios.
Poderán solicitalas os estudantes que non superen un determinado nivel de renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran os requisitos de aproveitamento académico establecidos e que vaian cursar estudos postobrigatorios.
O prazo de presentación de solicitudes, tanto para os estudos universitarios como para os non universitarios, estará aberto desde o 7 de abril ás 8:00 h ata o 18 de maio ás 15:00 h.
Forma de presentación
- O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude, que deberá presentarse na sede electrónica do Ministerio, logo de realizar o rexistro correspondente.
- É importante conservar as chaves de acceso obtidas durante o proceso, xa que permitirán consultar o expediente, comprobar o estado de tramitación e acceder ás notificacións.
- Así mesmo, na solicitude deberá indicarse un enderezo de correo electrónico operativo durante todo o proceso, a través do cal se recibirán os avisos relacionados co expediente, como requirimentos, comunicacións, propostas ou resolucións.
Acceso á tramitación na sede electrónica do Ministerio: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
- O número de conta que poñades ten que estar a nome do/a estudante como titular ou cotitular, non dos pais ou nais.
- A solicitude só queda presentada cando podedes xerar o xustificante de presentación. Léede detidamente: pode indicar que tedes que achegar documentación adicional (padrón, sentenzas…). Moitas becas deneganse na primeira fase por non achegar esa documentación dende o principio.
Como avanza o proceso
- Mediados de xullo: remata a fase inicial e crúzanse os datos económicos con Facenda.
- Verán: recibiredes notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos.
- Setembro: haberá un prazo para presentar alegacións ou modificar tres aspectos da solicitude: datos académicos (tipo de estudos e centro), residencia fóra do domicilio familiar e conta bancaria.
Documentos de interese
Documento informativo becas (galego)
Documento informativo becas (castelán)



