O pasado 16 de xaneiro, o alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas e Administración de Sistemas Informáticos en Rede asistiu a unha xornada formativa sobre a Lei de Protección de Datos (LPD) e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI).
A sesión, realizada na biblioteca do IES, centrouse en proporcionar unha introdución clara e práctica ás normativas que regulan o tratamento de datos persoais e a actividade empresarial no eido dixital. Esta formación é fundamental para entender os retos e obrigas legais na xestión da información e o comercio electrónico.
