Seleccionar página

O día 28 de novembro, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, recibiu a visita de representantes das ONG “Asemblea de Cooperación pola Paz”, “Solidariedade Internacional de Galicia” e AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) coa intención de dar a coñecer o proxecto “Activistas polo mundo que queremos” ao alumnado, e construír con eles/as o que significa ser unha persoa activista.