Select Page

A pasada fin de semana, o noso departamento de Transporte e mantemento de vehículos participou na ‘I exposición e proba con vehículos de enerxías alternativas’, organizada pola Axencia Enerxética da Coruña (FAEPAC).

A esta primeira edición, que se desenvolveu desde o venres 16 ata o domingo 18 de setembro, levouse o Toyota Mirai, que é un vehículo de pila de combustible fuel cell a base de hidróxeno, froito dun proxecto de innovación educativa realizado no noso centro en colaboración con outras entidades públicas.

Toyota Mirai