O IES Lois Peña Novo presenta os grupos para o ensino non regrado de castelán e galego para persoas inmigrantes.
As persoas admitidas serán informadas a través do contacto facilitado na folla de solicitude de matrícula e deberán achegar a documentación requirida no prazo comunicado. De non facelo, perderán o dereito á correspondente praza.
| Grupo | Data de inicio | Horario | Aula |
|---|---|---|---|
| ENRI-A | 30/09/2026 | Mércores de 10:25 a 11:15 h e de 11:45 a 12:35 h. Venres de 10:25 a 11:15 h. | Aula 3 |
| ENRII-B | 30/09/2026 | Luns de 17:10 a 18:00 h. Mércores de 15:30 a 17:10 h. | Aula 1 |
| ENRII-C | 09/10/2026 | Luns de 19:05 a 21:00 h. Venres de 19:05 a 21:00 h. | Aula 1 |
Lembramos que a matrícula nas ensinanzas non regradas de castelán e galego para persoas inmigrantes será por cada curso académico.
A asistencia ás clases lectivas é obrigatoria. O alumnado que non asista ao 70 % das sesións lectivas dun mes ou teña seis días consecutivos de faltas sen causa xustificada causará baixa na matrícula.
Todo o alumnado que acade unha asistencia mínima do 80 % das sesións lectivas obterá un certificado de aproveitamento do ensino non regrado de castelán e galego para persoas inmigrantes.
