Os días 2 e 3 de xuño de 2026, o IES Lois Peña Novo continuou coas accións de difusión da súa oferta formativa en centros da contorna.

O 2 de xuño, realizouse unha sesión no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, dirixida ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Ao día seguinte, o 3 de xuño, o centro visitou o IES Pedregal de Irimia de Meira, onde se presentaron especialmente as opcións de Ciclos Medios ao alumnado de 4º da ESO.

En ambos encontros explicáronse os distintos itinerarios formativos dispoñibles no IES Lois Peña Novo e resolvéronse dúbidas sobre a Formación Profesional como opción de continuidade académica e profesional.