Seleccionar página

O pasado 2 de xuño, o alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nunha actividade integrada no Plan Proxecta: Donas de si, promovida polo Departamento de Orientación do noso centro.

A actividade consistiu nunha entrevista realizada polas alumnas a Sara Jato, no centro María Mediadora de Vilalba. Este ano o proxecto «Donas de si: Mulleres da Chaira» céntrase no recoñecemento da traxectoria persoal, social e profesional de Sara Jato, figura destacada polo seu labor e compromiso coa comunidade.

Con esta proposta, promovemos a visibilización de referentes femininos da nosa contorna, fomentando valores de igualdade, respecto e recoñecemento do papel das mulleres no desenvolvemento da nosa sociedade.