Seleccionar página

O día 9 de decembro o alumnado de 2º curso dos CM e dos CS participou nunha actividade de escape room no propio centro educativo e que foi dinamizada por Pablo Osorio de pildorasdigitales.es. Esta actividade realizouse a través de medios dixitais e a temática se centrou nun negocio de bicicletas eléctricas. Destacou o noso alumnado do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas obtendo a 1ª posición no ranking galego.

O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de grao medio ou superior de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.