📸 Desde o pasado 7 de marzo, os espazos do noso IES acollen a exposición fotográfica Mulleres pioneiras, unha homenaxe ás mulleres que abriron camiños e deixaron pegada na historia.
As protagonistas desta exposición son alumnas e profesoras do centro, que recrearon a figura de mulleres inspiradoras en distintos ámbitos. A mostra poderá visitarse durante todo o mes de marzo.
📅 8 de marzo – Día Internacional da Muller
💜 Igualdade e visibilidade para todas!
