Seleccionar página

Durante os meses de marzo e abril ofrécese no noso centro a exposición “Mulleres senlleiras” que elaborou o concello de Vilalba. Estaba solicitada en paneis de gran formato, como se exhibira na Praza da Constitución da vila, pero problemas técnicos con algúns paneis motivaron que nos enviaran as fotos polo que foran impresos en formato A3 e expostos no taboleiro da entrada deste instituto, destacando algunhas mulleres “senlleiras” de Vilalba e todas as mulleres vilalbesas que cos seus oficios, traballos e coidados contribuíron ao desenvolvemento da nosa vila.