Seleccionar página

O pasado 18 de marzo, o alumnado de 1º e 2º curso do CS en Administración e Finanzas participou na sesión formativa «Investimentos e iniciativa emprendedora», impartida por Iván Antonio Fernández Díaz, técnico do Grupo Santander.

Esta actividade, enmarcada no programa Finanzas para Mortais dentro de Eduemprende 2024/2025, permitiu ao alumnado afondar nos conceptos clave do investimento, a xestión financeira e as estratexias para impulsar unha iniciativa emprendedora con éxito.

A sesión destacou polo seu enfoque práctico, ofrecendo recursos e ferramentas que serán de gran utilidade para o desenvolvemento profesional do alumnado no ámbito da administración e as finanzas.