O mércores 21 de xaneiro, o persoal do noso centro participou nunha sesión de formación sobre o Plan de Autoprotección do centro, orientada a reforzar a prevención e a correcta actuación ante posibles situacións de emerxencia.
Na formación estivo implicada toda a comunidade educativa, incluíndo o profesorado das distintas familias profesionais, o persoal de administración e servizos, a conserxería e o persoal de limpeza. Durante a sesión revisáronse os riscos identificados no centro, os procedementos de actuación establecidos e as funcións específicas de cada colectivo, co obxectivo de garantir unha resposta coordinada, eficaz e segura que protexa ás persoas e ás instalacións.
Como parte desta acción formativa, achegouse documentación coas pautas de actuación en caso de emerxencia. O profesorado que exerce funcións de titoría deberá trasladar esta información ao seu alumnado, facilitándolle a documentación correspondente e explicando os procedementos básicos de actuación.


