O pasado 26 de maio, Carlos Cea, coordinador da Cruz Vermella en Vilalba, acompañado por Cristina Santomé, médica da entidade, desenvolveu unha actividade formativa de primeiros auxilios dirixida ao alumnado dos grupos de 1º de Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos e de Informática de Oficina. A actividade tivo lugar na biblioteca do centro e enmárcase no módulo de IPE.
Durante a sesión, os formadores realizaron dinámicas teórico-prácticas relacionadas con situacións de emerxencia como hemorraxias, queimaduras, atragantamentos, reanimación cardiopulmonar (RCP) e a conduta PAS (Protexer, Avisar, Socorrer).
Moitas grazas á Cruz Vermella de Vilalba por esta valiosa colaboración.
