Seleccionar página

O 13 de febreiro, as alumnas do 1º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) levaron a cabo unha actividade especialmente enriquecedora no marco do Plan Proxecta. Durante a xornada, recibiron a visita de Marina, directora do Centro de Día de Abadín, acompañada polo equipo de traballadoras e usuarios e usuarias do CAPM.

O obxectivo principal foi a gravación definitiva dun podcast que reflexiona sobre a evolución da escola e dos xogos ao longo do tempo, contrastando as experiencias das persoas maiores coas vivencias actuais. Este proxecto non só permitiu ao alumnado afondar no coñecemento interxeracional, senón que tamén favoreceu o desenvolvemento de competencias relacionadas coa comunicación, a empatía e o traballo en equipo.

Esta actividade supón un exemplo de aprendizaxe práctica e de colaboración entre xeracións, promovendo a reflexión sobre os cambios sociais e culturais, ao tempo que reforza os valores de respecto e inclusión.