Select Page

Aberto prazo de preinscrición do CUALE B1 no IES Lois Peña Novo. Consulta as datas a continuación.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN

Que é o CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) ten como obxectivo formar ao alumnado para que poida superar as probas para obter a certificación en idiomas outorgada polas Escolas Oficiais de Idiomas.

Que CUALE impartimos no IES Lois Peña Novo?

No noso centro impartimos o CUALE de preparación para as probas de certificación do nivel B1 de Inglés na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Que che permitirá a realización do CUALE?

Terás dous días á semana en horario de nocturno (a partir das 18:00) nos que o profesorado especialista en Inglés do noso centro te preparará para as probas de certificación na Escola Oficial de Idiomas de Lugo. A matrícula para as probas de certificación será gratuíta e darache dúas oportunidades para superalas.

Quen se pode matricular no noso programa CUALE?

Pódese matricular o alumnado de calquera centro público que, no curso que vén, vaia cursar ensinanzas de Bacharelato ou de ciclos medios ou superiores.

Tamén se pode matricular o alumnado de calquera centro público que, aínda non cursando esas ensinanzas no próximo curso, estea en posesión do certificado do nivel básico de Inglés das Escolas Oficiais de Idiomas ou outros certificados de nivel A2 de Inglés expedidos por entidades de recoñecido prestixio.