Seleccionar página

O día 16 de decembro o alumnado de formación profesional básica (1º e 2º) asistiu a unha actividade de prevención de drogodependencias (Menos es más) ofrecida pola Fundación Barrié a través do Centro Penitenciario de Bonxe, na que Emilio e Osiris acompañados de David e María, psicólogos da Cruz Vermella de Bonxe, nos relataron a súa historia de vida.

As charlas Menos es más para a prevención dos riscos das drogas e as súas consecuencias, están dirixidas ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados de Lugo. As charlas son impartidas por internos do Centro Penal de Bonxe, quen relata en primeira persoa as circunstancias que lles levaron á comisión do delito e a súa experiencia persoal nun centro penal.

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial privada que traballa polo desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia implementando proxectos innovadores.