Seleccionar página

O día 23 de maio ás 12:00h o alumnado de 1º de FPB (Automoción e Informática) asistiu a unha charla, na biblioteca do noso centro, dentro do programa Navega con Rumbo. Esta é unha iniciativa promovida pola Consellería de Educación co obxectivo de concienciar á mocidade sobre os beneficios e riscos da navegación polo ciberespazo e xerar coñecemento entre os pais e titores.

Esta charla foi impartida por un colexiado do CPEIG, e abordáronse temas de interese como as condutas de acoso e ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais.