O día 18 de marzo, o alumnado de 1º e 2º curso do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nun obradoiro de autoestima e autocoidado, impartido por Amara Pérez, técnica de igualdade do Concello de Vilalba.
A actividade, organizada con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, tivo como obxectivo fortalecer a confianza e o benestar emocional do alumnado, aspectos fundamentais na atención ás persoas dependentes. Ademais, traballáronse estratexias para previr o esgotamento profesional, xestionar o estrés e mellorar a comunicación asertiva e a empatía, habilidades esenciais para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Esta xornada serviu para reflexionar sobre a importancia do coidado propio para poder coidar mellor aos demais.
