O pasado 9 de decembro, o alumnado dos ciclos formativos con módulo de Iniciativa Persoal e Emprendedora (IPE) de primeiro curso participou nun obradoiro organizado pola Fundación Ronsel.
A actividade, dirixida aos ciclos CM EVA, CM IEA, CM SMR, CM APSD, CS ASIR e CS AF, centrouse no desenvolvemento de competencias persoais chave para a busca de emprego, enfocándose nas entrevistas de traballo como elemento fundamental no proceso de inserción laboral.


A Fundación Ronsel é unha entidade que traballa co obxectivo de facilitar a ocupabilidade e mellorar a empregabilidade das persoas. Realiza tarefas de orientación laboral, intermediación, formación ocupacional e de asesoramento no emprendemento.