O día 11 de decembro, o alumnado do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nun obradoiro organizado pola Escola de Avós da Cruz Vermella de Lugo, celebrado na biblioteca do noso IES.
Durante a charla, María, Boni, Juana e Violeta compartiron a súa experiencia e coñecementos sobre este proxecto, que está en funcionamento desde o ano 2016. A Escola de Avós ten como obxectivo ofrecer apoio aos avós e avoas, promovendo unha menor fenda interxeracional mediante accións formativas que garanten o benestar dos avós/as educadores e dos seus netos/as.
Grazas a todos e todas por achegar o voso saber e motivar ao noso alumnado a reflexionar sobre a importancia destas iniciativas!