Seleccionar Página

O noso alumnado de 1º de FP Básica de Informática de Oficina (IO) participou nun programa de obradoiros teatrais de competencias persoais e sociais, desenvolvido na biblioteca do centro ao longo de cinco sesións celebradas os días 10, 17 e 24 de abril e 8 e 22 de maio de 2026.

A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación e enmarcouse nun programa orientado á mellora da convivencia na aula, ao desenvolvemento da conciencia emocional e ao fortalecemento de relacións saudables. O programa foi dinamizado por unha educadora, que traballou co alumnado mediante unha metodoloxía experiencial baseada en dinámicas teatrais.

Ao longo das distintas sesións, o alumnado desenvolveu habilidades persoais e sociais a través de actividades centradas na expresión, a comunicación e a reflexión compartida sobre a convivencia dentro do grupo.