Seleccionar página

O noso IES participou os días 9 e 10 de abril na II Feira de Educación, Formación e Emprego, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Este evento, organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, contou coa colaboración do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

A feira forma parte do calendario Galicia Educa, unha iniciativa autonómica que promove 17 feiras ao longo do curso escolar co obxectivo de mellorar a orientación formativa e vocacional do alumnado e de dar visibilidade ao labor dos centros educativos.

Durante dous días, o público asistente puido coñecer de primeira man unha ampla variedade de oportunidades formativas e profesionais grazas á participación de:

  • 23 centros educativos galegos;
  • stands de Formación Profesional e programas creativos da Consellería de Educación;
  • universidades galegas (USC, UDC e UVigo) e outras entidades nacionais;
  • Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como o Exército, a Policía Nacional e a Garda Civil.

O noso centro presentou alí os seus proxectos de innovación e a súa oferta formativa actual.