Seleccionar página

O pasado 8 de maio, o profesorado do departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos participou no II Congreso de Mobilidade Sostible en Medios de Transporte, organizado polo IES Vilalonga no Auditorio Municipal de Vilagarcía.

Durante o encontro, o noso centro presentou a súa maqueta distribución de enerxía, unha proposta didáctica innovadora que permite visualizar o funcionamento deste tipo de tecnoloxía. O profesorado explicou o deseño, os obxectivos pedagóxicos e as aplicacións prácticas da maqueta, dirixíndose tanto ao alumnado como ao profesorado asistente.