O 17 de xuño de 2025, o noso equipo InnovaTech participou na Xornada de Entrega de Premios do programa InnovaTech FP, celebrada no CIFP Universidade Laboral de Culleredo, nun acto presidido polo conselleiro de Educación e que reuniu a máis de 500 asistentes.
A actividade puxo o broche final ao reto lanzado pola empresa Diesemm, que consistía en desenvolver unha proposta innovadora para optimizar a xestión de persoal e recursos en grandes eventos. O noso centro resultou un dos 20 premiados en toda Galicia, sendo recoñecido cunha achega económica de 10.000 euros para continuar o desenvolvemento do proxecto.
Esta iniciativa, promovida polo Departamento de Emprendemento, consolidouse como unha excelente oportunidade para que o alumnado aplicase metodoloxías activas como o Design Thinking, traballase en equipo e conectase co ecosistema empresarial galego.
A xornada final tamén permitiu compartir experiencias con outros centros participantes e visibilizar o talento e a capacidade creativa do alumnado da FP galega.
Parabéns ao noso equipo (Iria, Brais, Ángel e Guadalupe) polo excelente traballo e agradecemento especial ao profesor Xurxo García Vázquez polo seu compromiso e acompañamento ao longo do proceso.