O martes 24 de novembro de 2026, o equipo participante de 2.º do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) asistiu, desde a aula 10 do centro, á presentación en liña do programa Desafío CiberFP.
Durante a sesión, o alumnado coñeceu o funcionamento da competición, as súas fases e os retos aos que se enfrontarán os equipos participantes.
O Desafío CiberFP é unha competición autonómica impulsada pola Consellería de Educación a través da Dirección Xeral de Formación Profesional. Ten como finalidade desenvolver as competencias en ciberseguridade do alumnado de FP mediante a resolución en equipo de retos técnicos inspirados en situacións profesionais reais.
