Seleccionar página

O pasado 27 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior en Administración e Finanzas asistiu a unha sesión informativa impartida por Mercedes Montes Rodríguez, directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

Durante a charla, organizada polo Departamento de Orientación, explicáronse as competencias profesionais que se desenvolven no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como as diversas saídas laborais vinculadas a esta titulación. Ademais, abordáronse as validacións de materias e créditos ás que poden acceder os Técnicos Superiores en Administración e Finanzas.

A sesión resultou moi enriquecedora para o alumnado, proporcionándolle unha visión máis clara sobre as opcións académicas e profesionais dispoñibles tras finalizar o seu ciclo.