O pasado 8 de maio, a escritora chairega Cecilia Santomé visitou a biblioteca do noso centro para presentar a súa última novela, As despedidas, publicada pola Editorial Xerais.
No encontro participaron alumnas, profesorado e persoal non docente, que tiveron a oportunidade de coñecer de preto a autora e conversar con ela arredor desta obra literaria. A actividade creou un espazo de intercambio de ideas, reflexións sobre a escrita e a lectura e posta en valor da literatura galega contemporánea.

Podcast da presentación: https://go.ivoox.com/rf/146406773