O día 10 de xullo a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional publicará a resolución definitiva de solicitudes para FP, así como a 1ª Adxudicación de prazas, que se poderán consultar no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/PaxinaInicio.do
O prazo para formalizar a matrícula no Ciclo FP adxudicado será do 10 ao 15 de xullo ás 13:00 horas.
Para a formalización da matrícula será necesaria a entrega da seguinte documentación na secretaría do centro:
- Datos de identificación do/a alumno/a.
- DOI (DNI, NIE ou pasaporte).
- En caso de alumnado menor de idade deberase achegar:
- DOI dos responsables.
- Libro de familia ou certificado de nacemento.
- Sentenza ou convenio regulador (no caso de garda ou custodia non compartida).
- Dúas fotografías carné.
- Certificación académica.
- Pago da taxa do seguro escolar (poderase aboar na conserxería do centro).
- Sobre de matrícula cuberto (dispoñible no centro educativo).
- De existir sentenza de separación con patria potestade compartida, a documentación deberá ser asinada por ambos responsables.
- En caso de que unha das partes autorice á outra a asinar no seu nome o sobre de matrícula, deberase acreditar tal autorización achegando un documento de autorización onde conste o motivo da autorización (nome e DOI do menor e ensinanza na que se matricula, os nomes, DNI e sinaturas de ambos responsables coa data correspondente, xunto coa copia do DNI da persoa que autoriza).
- En caso de imposibilidade de contactar con algunha das persoas responsables do menor, poderase solicitar no xulgado un Expediente de xurisdición voluntaria e achegalo á matrícula.


