O día 24 de xaneiro, o alumnado do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nunha visita á sede da ONCE na Coruña. Desde a súa creación, a ONCE ten sido un referente na inclusión social das persoas cegas e con outras diversidades, promovendo oportunidades de emprego digno e independencia económica.
Nesta ocasión, asistiron á xornada de portas abertas “Derrubando barreiras, construíndo oportunidades”, onde o alumnado participou en diversos obradoiros deseñados para fomentar a sensibilización e a empatía cara ás persoas con diversidade sensorial.
![](https://iespenanovo.com/wp-content/uploads/2025/01/Collage-Once01-1024x887.jpg)