Seleccionar página

Os días 12 de marzo, 16 e 23 de abril e 7 de maio de 2026, as alumnas de 1º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizaron unha actividade práctica no supermercado Familia de Vilalba, o establecemento máis próximo ao centro.

A proposta permitiu poñer en práctica os contidos traballados ao longo dos dous trimestres anteriores relacionados coa planificación do proceso de compra e co posterior cociñado de dietas dirixidas a colectivos específicos.

Ao longo das distintas saídas, as alumnas participantes puideron aplicar en contexto real criterios de selección de produtos, organización da compra e adecuación dos alimentos ás necesidades de diferentes perfís de persoas usuarias, relacionando así os contidos da aula coa práctica cotiá e profesional.