O 25 de marzo de 2026, realizamos un simulacro de evacuación do noso centro, no marco das actuacións previstas no Plan de Autoprotección.
A actividade permitiu poñer en práctica os procedementos de actuación establecidos para situacións de emerxencia, comprobando os tempos de resposta, os itinerarios de evacuación e a coordinación entre os distintos colectivos da comunidade educativa.
No simulacro participou o conxunto do centro, incluíndo alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos, conserxería e persoal de limpeza, co obxectivo de reforzar a preparación ante posibles incidencias e garantir unha actuación ordenada e segura.
Esta actuación deu continuidade á sesión de formación desenvolvida o pasado 21 de xaneiro sobre o Plan de Autoprotección, na que se revisaran os riscos identificados no centro, os procedementos de actuación e as funcións específicas de cada colectivo.
O simulacro serviu tamén para avaliar o funcionamento do dispositivo previsto e introducir, no seu caso, as melloras necesarias para seguir avanzando en materia de prevención e seguridade.


