O pasado 23 de abril, o noso equipo Innovatech participou no taller presencial «Validación do produto mínimo viable», unha acción formativa que tivo lugar no CIFP Universidade Laboral da Coruña.
O alumnado estivo acompañado polos seus titores, que tamén participaron activamente nesta sesión centrada en afondar nos procesos de validación de proxectos innovadores en fases iniciais.
Esta actividade forma parte do itinerario de desenvolvemento do proxecto Innovatech, no que se combina a aprendizaxe práctica coa mentorización e o traballo colaborativo.