Saltar ao contido

Do 4 ao 6 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial realizou unha saída a Madrid que incluíu a visita á feira MetalMadrid 2026, celebrada no recinto feiral de IFEMA.

Durante a visita, o alumnado puido coñecer as últimas novidades en automatización, robótica, mecanizado, mantemento industrial e fabricación aditiva (impresión 3D), así como diferentes solucións tecnolóxicas presentadas por empresas do sector.

A actividade, organizada polo Departamento de Instalación e Mantemento, permitiu ao alumnado coñecer de preto novas tecnoloxías e procesos industriais relacionados coa súa formación e coa súa futura actividade profesional.