Seleccionar página

O pasado 20 de maio, o alumnado de 1º curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizou unha saída ao Centro de Atención a Persoas Maiores de Abadín.

O obxectivo da actividade foi coñecer de primeira man os recursos vinculados ao seu futuro ámbito profesional, así como dar continuidade ao Plan Proxecta no que o noso centro participa este curso.

Durante a visita, as alumnas tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do centro, o servizo de estimulación terapéutica, o programa de envellecemento activo, o apoio e compañía prestado aos usuarios e usuarias e as actividades de animación sociocultural desenvolvidas. Todos estes servizos están xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Como colofón á xornada, desfrutaron dunha emotiva obra de teatro interpretada polas persoas usuarias do centro como mostra de agradecemento pola súa participación na gravación do podcast sobre os xogos e a escola de antes e de agora.