Seleccionar página

O 4 de febreiro, as alumnas do 1º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nunha interesante sesión coa presenza de Zoe Prieto, dinamizadora do Espazo Xove de Vilalba.

Esta visita enmárcase dentro do Plan Proxecta, programa no que o noso centro está implicado ao longo deste curso. Durante o encontro, Zoe Prieto tivo a oportunidade de coñecer aos correspondentes xuvenís, alumnado encargado de difundir e dinamizar as actividades que se organizan dende este punto de referencia para a mocidade vilalbesa.

A sesión tivo lugar na biblioteca do instituto e permitiu que as alumnas coñecesen de primeira man as iniciativas que se promoven dende o Espazo Xove, fomentando así o seu papel activo na comunicación e divulgación de oportunidades xuvenís.