Seleccionar página

O día 12 de abril, o noso alumnado de 1º curso do CM en Instalacións Eléctricas e Automáticas, visitou a Feira da enerxía «Enerxétika 2024» que se celebra na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), co obxectivo de coñecer de primeira man os diferentes proxectos enerxéticos realizados por varias empresas expositoras, centradas nas enerxías renovables, sustentabilidade e na eficiencia enerxética.

A Feira da enerxía «Enerxética 2024» constitúe unha cita obrigada para o mundo da enerxía que se consolidou como unha plataforma única para xerar negocio, intercambiar experiencias e medir os numerosos cambios que está a experimentar o sector.