O día 19 de abril o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, visitou as instalacións de GADISA no Polígono Industrial Polígono de Piadela s/n, en Betanzos (A Coruña). Nesta saída realizaron un percorrido polas instalacións e coñeceron o funcionamento loxístico e comercial desta empresa.
GADISA é unha sociedade anónima cuxa actividade principal é a distribución por xunto e en supermercados. Está composta por sete liñas de negocio. Ademais é líder de distribución no noroeste de España por facturación e chega ao consumidor a través dunha rede de 454 establecementos de venda de produtos frescos e envasados das mellores marcas. Fúndase en 1986 mediante a fusión de 4 empresas: Tojeiro Alimentación, Carlos Díaz, Almacéns Casán e Waldo Riva, cunha ampla traxectoria e experiencia no sector da distribución alimentaria.