O pasado 10 de decembro, o alumnado de 1º do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial realizou unha visita ás instalacións de InLeit, situadas no Polígono de Teixeiro-Curtis.
InLeit é unha das empresas colaboradoras do proxecto de FP Dual do noso centro. Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións da empresa, así como as competencias profesionais necesarias para o desenvolvemento laboral no sector.
Agradecemos a InLeit pola súa disposición e polo seu compromiso coa formación práctica do noso alumnado.

InLeit Ingredients, con sede en Curtis (A Coruña), transforma leite fresco de granxas locais en proteínas nativas de alto valor nutricional mediante procesos avanzados de filtración. A súa planta de máis de 30.000 m² reflicte o seu compromiso coa innovación, I+D+i e a «Nova Nutrición», enfocada na saúde e o benestar. A empresa prioriza a calidade, a personalización e a sustentabilidade, establecendo relacións de confianza con provedores e clientes. Guiados pola integridade e a transparencia, fomentan o crecemento do seu equipo e buscan superar as expectativas do mercado. A súa gama de produtos destaca por satisfacer as demandas máis esixentes.