Seleccionar página

O día 16 de marzo o alumnado de 1º e 2º do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede visitou o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) con sede na Coruña. Mais tarde acudiron ao IES Fernando Wirth para asistir a unha charla sobre o Curso de Especialización en Intelixencia Artificial e Big Data que se imparte neste centro educativo público.

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), é unha fundación privada sen ánimo de lucro recoñecida oficialmente como Centro Tecnolóxico Nacional polo Ministerio de Economía e Competitividade, Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Constituído en 1991 e situado na cidade da Coruña, conta cunha dilatada traxectoria no ámbito da I+D e a aplicación de tecnoloxías diferenciais para o desenvolvemento de sistemas avanzados en vehículos non tripulados, a industria 4.0, as cidades sostibles e o medio ambiente.