Seleccionar página

O día 23 de maio o alumnado do ciclo básico en Mantemento de Vehículos e o do ciclo medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, visitou as instalacións do Museo da maquinaria (MUVICLA), e despois desprazáronse até o karting de Cabañas Raras.

O MUVICLA é un museo «vivo» (todas as pezas funcionan ao 100%) e integrado (nunha casa de labranza galega, onde se pode ver o sistema produtivo e mesmo comprar produtos que se comercializan para o mercado). Ten tres liñas museísticas: un paseo pola historia en tractor, tratamento do cereal e liña de miniaturas.