O día 19 de maio, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e de 1º do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas participou nunha saída didáctica á cidade da Coruña.
A primeira parada foi no Porto Exterior, situado en Punta Langosteira, un enclave estratéxico que funciona como eixo vertebrador do desenvolvemento e crecemento socioeconómico de Galicia. Alí puideron coñecer de preto unhas instalacións modernas e punteiras, construídas arredor dun dos diques máis grandes do mundo, con 3,3 km de lonxitude. A visita permitiulles comprender mellor a dimensión loxística e económica dun porto de referencia.
A continuación, achegáronse á Domus, o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano. Ademais da súa exposición permanente, tiveron a oportunidade de visitar a mostra Bocados, centrada na nutrición e na relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.