O día 6 de xuño, o alumnado de 1º do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizou unha saída á Residencia de Persoas Maiores de Vilalba.
Esta actividade tiña como obxectivo coñecer de primeira man un recurso sociosanitario da contorna, relacionado coa súa futura realidade profesional. Ademais, coincidindo coa conmemoración do Día do Medio Ambiente, desenvolveuse unha pequena acción simbólica arredor desta temática, coa finalidade de promover a sensibilización ecolóxica tamén neste contexto interxeracional.
