Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N), o Concello de Vilalba desenvolveu no noso IES unha sesión de sensibilización e prevención sobre violencias sexuais. A actividade, dirixida ao alumnado de 2º de FPB e 1º do Ciclo Medio en Electromecánica de Vehículos Automóbiles (EVA), destacou pola participación activa e pola reflexión colectiva. 💜
Agradecemos ao Concello de Vilalba a súa colaboración e compromiso coa educación en igualdade.