Seleccionar página

O pasado 4 de decembro, o alumnado do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (TAPSD) asistiu a unha charla impartida por Estela, coordinadora da Rede Provincial de Residencias, e Alex, terapeuta ocupacional da residencia de Meira.

Nesta sesión, as estudantes tiveron a oportunidade de:
✔ Coñecer a tipoloxía dos centros da rede provincial.
✔ Explorar o modelo de intervención e a experiencia teórico-práctica desenvolvida nos centros.
✔ Descubrir a importancia das TAPSD como parte activa e fundamental nas equipas de traballo.
✔ Informarse sobre a bolsa de emprego dispoñible.

A actividade incluíu un mapa sonoro que levou o alumnado ao día a día da residencia de Meira, ofrecendo unha perspectiva enriquecedora dende os ollos da persoa usuaria, da súa familia e do equipo profesional.

Agradecemos a Estela e Alex por compartir o seu tempo e experiencia co noso alumnado!