Saltar ao contido

📅 O pasado 27 de marzo, o alumnado de 1º CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) recibiu a visita de Claudia e Sarai, representantes de Down Lugo, quen explicaron o funcionamento do seu Programa de Emprego con Apoio.

💡 Durante a sesión, as alumnas tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade laboral do sector e os recursos dispoñibles para favorecer a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual.

🙏 Grazas a Claudia e a Sarai por compartir o seu coñecemento e experiencia!

Nota: A imaxe foi retirada por expiración do consentimento do alumnado segundo a política de protección de datos do centro.